jueves, 27 de mayo de 2010

HIMNO E ESCUDO DA ESTRADA



HIMNO DO CONCELLO DE A ESTRADA

Terra noble, fidalga e ben labrada,
dende Montes a ollar fecundos ríos.
Mociña florecida en amoríos
que de cincuenta estrelas es gardada.

De pazos e de pontes adornada,
de castros e de rexos penedíos,
de soutos e camposas, aduvíos
da palabra que é lei dita na Estrada.

sosegan na paz túa os bos viaxeiros
e medran os teus fillos na irmandade
e na fidel memoria ós devanceiros.

Con ramos de benvida e de lealdade
sairemos todos xuntos ós carreiros
cun cantar de esperanza e liberdade:

O himno novo das terras de bonanza
a resoar polos vales e os outeiros
ata onde o corazón á Patria alcanza.

(Letra: Salvador García Bodaño
Música: Eulogio López Masid)

No hay comentarios: